Galicia Vigo al minuto

CIG paralizará as obras de Travesía de Vigo para denunciar a subcontrata abusiva de empresas portuguesas

Obras Vigo/Tresyuno ComunicaciónCIG-Construción continuará mañá coa súa campaña de denuncia da situación laboral que padecen moitos traballadores do sector que desenvolven o seu labor en obras contratadas polas Administracións públicas

. O novo acto reivindicativo comezará arredor das 11.00 horas no contorno da rotonda con Genaro de la Fuente, á altura de Vía Norte, onde se están a levar a cabo traballos de acondicionamento das beirarrúas contratados polo Concello.

Dende o sindicato nacionalista explican que nas obras que está a acometer a empresa Conslar traballan até seis subcontratas portuguesas que discriminan laboralmente os operarioscon xornadas abusivas e salarios máis baixos que os que establece o convenio provincial.

As obras permanecerán paradas durante toda a xornada e os representantes sindicais levarán a cabo unha asemblea para analizar a situación.

También te puede interesar