Destacados Vigo al minuto

A Universidade recuperará unha sede no centro

Salustiano Mato/Tresyuno ComunicaciónO alcalde  mostróuse “entusiasmado” coa proposta do reitor da Universidade, Salustiano Mato, para que a institución académica retome unha sede institucional no centro da cidade. Caballero desvelou que se a idea inicial sería a súa ubicación no Casco Vellonon se descartan outras”. “Esta decisión vai a ser acollida, sustanciada e posta en marcha polo Concello”, asegurou o rexedor socialista, quen tamén lles trasladou que terán toda a cooperación para acadalo.

Non foi éste o único tema abordado nun encontro no que ambos mandatarios realizaron un repaso a temas como o Campus do Mar que a principios deste mes xa pasou o primeiro filtro da convocatoria do Ministerio de Educación para optar á calificación de Campus de Excelencia Internacional. Abel Caballero afirmou que mobilizará “todos os estamentos” que poida, en referencia ao Goberno de España.

Tamén se abordaron no encontro temas coma a mellora da sinalización da Universidade na cidade, accesos a mesma e outros proxectos relevantes como a consecución da sede da Axencia Europea das Telecomunicacións como “obxectivo de primeira magnitude” .

Pola súa banda o reitor subliñou que a Universidade é clave para o desenvolvemento de Galicia e de Vigo e que, polo tanto, “debemos correlacionar os nosos obxectivos cos da cidade e por eso falamos de temas comúns, de sumar esforzos”. Augurou tamén que ademáis dos proxectos en marcha “haberá moitos temas nos que traballaremos xuntos para poñer en marcha todos os obxectivos posibles que permitan que Vigo creza”.

También te puede interesar