Agenda Cultura

A boa música peina canas en Castrelos

A norteamericana Patty Smith namorou aos vigueses.
A norteamericana Patti Smith namorou aos vigueses.

Tivo uns duros competidores: os fogos de Bouzas. Dous espectáculos que prometían á mesma hora. E non se pode dicir que Patti Smith saíra mal parada. Ao contrario: Castrelos ateigouse de fans e seguidores da rockeira e activista norteamericana. Un concerto que arrancou coas cancións ‘Redondo Beach’ e ‘Space Monkey’ e no que o público tiña moito poder de decisión xa que a artista saíu ao escenario sen un repertorio pechado e con moitas gañas de compracer aos vigueses. Aínda que o mellor do concerto, as cancións máis coñecidas, chegaron ao final.

Cómo non, Patti Smith tivo unhas palabras para as víctimas do franquismo, a que adicou o concerto ao coincidir a data co día do levantamento nacional. E se iso fora pouco, fixo unha canción sobre a súa estancia en Galicia. A cantante, compositora, poeta e activista aínda ten unha dura axenda en España: concerto o 20 en Madrid, o 21 en San Sebastián e o 23 en San Feliú.

Esperemos que eles teñan a mesma sorte: a norteamericana namorou ao público de Castrelos e baixou un par de veces ao foso para saudar aos seus seguidores.

También te puede interesar