RGPD - Cookies
Agenda Cultura

Se vas a Castrelos cuidado coas cores

Os ‘Domingos de Museo’ de Castrelos teñen este fin de semana a un invitado moi especial: ao ladrón das cores. De 11:30 a 12:30 horas, os nenos de 4 a 12 anos poden participar nun obradoiro no que podrán descubrir os diferentes xeitos que teñen os pintores de utilizar as cores segundo as sensacións que desexan acadar no público.

A través dun itinerario temático e de diferentes xogos e actividades da man de Landriña, a mascota do museo, os participantes aprenderán cales son as cores cálidas e as frías e coas lupas máxicas descubrirán como crear novas cores a partir das primarias. Ademais, tratarán de atopar ao ladrón de cores que levou a cor dun dos cadros da colección.

Ata 15 rapaces poderán participar de balde neste obradoiro sós ou acompañados dun adulto.

También te puede interesar