Agenda Cultura

Esta noite, concerto á carta con Patty Smith

Sen un repertorio decidido e sen ter moi claro o que vai cantar. Aínda que non faltarán clásicos como ‘Because the night’, a cantante, compositora, poeta e activista Patti Smith chega o domingo a Castrelos cun concerto no que as cancións as elixe o público e que dependen moito do ánimo co que a artista viva o encontro.

A rockeira norteamericana, activista política e cun plantexamento antibelicista, podería incluso facer algunha referencia aos desaparecidos durante o levantamento militar de España cun aniversario que coincide en data co seu concerto. Será o seu cuarto espectáculo en España dentro das 7 citas previstas nesta xira pola península que a levarán a Madrid, San Sebastián e San Feliu nos vindeiros días.

Aínda que coincide con outros festexos do día, como os fogos de Bouzas, se prefires unha cita musical podes conseguir a túa entrada facendo click aquí, na Central de Espectáculos ou na propia taquilla a partir das 20:30 horas a 12 euros. A apertura de portas será sobre as 21:30 horas.

Patti Smith chega a Castrelos despois dunha xira mundial e con 10 discos as súas espaldas. No concerto estará acompañada por dous dos músicos da banda orixinal, Lenny Kaye á guitarra e Jay Dee Daugherty á batería. Ademais de estar ao baixo e nos teclados Tony Shanahan, que a acompaña dende hai 14 anos.

Considerada a madriña do punk, Patti Smith saltou á fama en 1975 coa aparición do disco ‘Horses’, un achegamento desde un punto de vista feminista e intelectual á música do momento e unha intensa actividade política contraria ao belicismo norteamericano. A súa influencia na música é indiscutible, xa que bandas como REM ou U2 teñen recoñecido á cantante americana como unha das súas fontes de inspiración.

También te puede interesar