_agenda Agenda

Aquí a cultura está que ferve

Un ano máis, unha edición máis e xa van 12+1 do Festival Cultura Quente, toda unha referencia para miles de galegos e para moitos visitantes que teñen no seu calendario as datas do festival marcadas en vermello. O festival retrasou ata hoxe e mañá os concertos para non coincidir con outros eventos nunha aposta pola convivencia, participación e disfrute de Caldas de Reis e do seu entorno.

Pola Carballeira de Caldas pasarán 15 artistas que completarán unha programación moi variada, con artistas moi experimentados, algún moi recoñecido e outros que formarán parte do futuro da música. Esta noite abrirá o festival a banda compostelana Dirty Socks, auténtica revelación que sen disco no mercado xa están a posicionarse como unha das grandes alternativas da escea galega. Seguiranlle Johnnie Winter, xenial guitarrista; Ocean Colour Scene, na súa única data en España para presentar o seu novo disco; Tricky, trip-hop cun espectacular directo; os portugueses Cla e Amable, o dj de música alternativa de máis renome do país, habitual na sala barcelonesa Razmatazz.

Unha proposta innovadora, se precedentes que aposta pola interdisciplinaridade con espacio para todo tipo de manifestacións estéticas, técnicas e artísticas. Un festival de balde no que haberá actividades paralelas. Ademais, para pasar alí a fin de semana, a organización habilitará una zona de acampada gratuita a 500 metros dos concertos, ao lado do Umia e con tendas e abastecemento a 100 metros.

¿Tes algún plan mellor?

También te puede interesar