Destacados Vigo al minuto

Fin da folga do cine Fraga tras comprometerse a empresa a pagar os atrasos

Chegaron a un acordo coa empresa. Os traballadores que participan na rehabilitación do antigo cine Fraga mantiñan unha folga indefinida dende o pasado luns para esixir a regularización dos pagos salariais e das condicións laborais das subcontratas encargadas do acondicionamento do futuro teatro-auditorio de Caixa Galicia.

A empresa xa puxo ao día as nóminas dos empregados, abonándoselle os salarios atrasados e as horas extra, aínda que os representantes da CIG farán un seguimento das condicións laborais e salariais para evitar que se reproduzan actuacións discriminatorias e de abuso “aproveitando a situación de necesidade que padecen moitos traballadores do sector”.

También te puede interesar