Destacados Vigo al minuto

Fin da folga do cine Fraga tras comprometerse a empresa a pagar os atrasos

Chegaron a un acordo coa empresa. Os traballadores que participan na rehabilitación do antigo cine Fraga mantiñan unha folga indefinida dende o pasado luns para esixir a regularización dos pagos salariais e das condicións laborais das subcontratas encargadas do acondicionamento do futuro teatro-auditorio de Caixa Galicia.

A empresa xa puxo ao día as nóminas dos empregados, abonándoselle os salarios atrasados e as horas extra, aínda que os representantes da CIG farán un seguimento das condicións laborais e salariais para evitar que se reproduzan actuacións discriminatorias e de abuso «aproveitando a situación de necesidade que padecen moitos traballadores do sector».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.