Comarcas Galicia

Morre un traballador en O Porriño nun accidente laboral en festivo

Santiago Amorín da Costa, de 48 anos, morreu o luns tras un accidente laboral ocorrido pouco antes das 11 horas nas instalacións de Terrazos Riego en Atios: o seu propio irmán o atropelou cunha carretilla elevadora ao dar marcha atrás cando os dous cargaban tubos de grandes dimensións nun camión. Santiago recibirá sepultura hoxe no cemiterio parroquial de Tomiño.

Á traxedia, agora a CIG denuncia o feito de que os empregados estaban traballando nun día festivo local, xa que no Porriño celébrouse a festividade de San Bieito. Unhas horas extra obrigatorias que se fan “cando hai milleiros de parados”. A confederación pón de relevo que a empresa non só abríu as súas portas durante un festivo local, senón que continuou coa actividade tras o accidente que lle custou a vida a un dos seus empregados. “Esta persoa atopou a morte cando debería de estar na súa casa coa familia”, indican.

También te puede interesar