Vigo al minuto

A Favec, desbloqueada

A xuntanza esta mañá co Tenente de Alcalde.
A xuntanza esta mañá co Tenente de Alcalde.

Preto dunha hora e cuarto moi satisfactoria para todas as partes. A nova directiva da Federación Veciñal ‘Eduardo Chao’ tivo o seu primeiro cara a cara co tenente de Alcalde, Santi Domínguez, para tocar algúns dos temas que máis interesan aos vigueses nestes intres, como o albergue no barrio de Ribadavia, a rexeneración do Casco Vello ou a implantación do plan municipal de bibliotecas, por exemplo, pero na que se asentaron os cimentos do que pode ser unha colaboración a través dun convenio.

A federación veciñal, nunha situación económica «precaria», asinará un novo convenio con este departamento para 2011 que se concretará a finais de ano pero que será similar ao de 2008, no que se lle concedera á Favec 75.000 euros para o desenvolvemento de actividades de xeito estable. Un respiro para a federación, que nestes intres só contaba con financiación aillada para algunhas actuacións como o Move-Vigo.

Outros temas

Na que foi a primeira de moitas outras reunións vindeiras, Domínguez abordou temas como o proxecto do albergue municipal, sobre o que a Federación Veciñal fixará o seu posicionamento este venres nunha asamblea xeral. Tamén falaron da recuperación do Casco Vello, neste momento co 80 por cento das obras de humanización executadas e cun 50% das rehabilitacións feitas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.