_agenda Agenda

Que felices somos con esas pequenas cousas…

O Marco continúa cos seus obradoiros para os nenos de máis de 3 anos nesta ocasión con actividades basadas na obra de Mona Hatoum, ‘La Grande Broyeuse’, na que a obra de arte séntese primeiro fisicamente e na que as asociacións, ideas e conceptos veñen despois do choque inicial. O taller, chamado ‘Esas pequenas cousas’, está ideado para que os máis pequechos se divirtan maximizando ou minimizando obxectos. Alterar o tamaño das cousas produce sensacións novas…

O obradoiro, con 40 prazas, celebrarase de 12 a 14 horas.

También te puede interesar