Destacados Vigo al minuto

Preto de 250 persoas garantirán a seguridade do Festival Aéreo o domingo que ven

Festival AéreoArredor de 250 persoas garantirán a seguridade dunha nova edición do Festival Aéreo de Vigo. O alcalde presidiu hoxe a Xunta de Seguridade na que se acordaron as medidas de tráfico e seguridade marítima, aérea e terrestre.

O Festival, que se celebrará en Samil o vindeiro domingo, concentrará a intervención de distintos corpos como a Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil, Cruz Vermella, personal do aeroporto e personal marítimo ademáis de Bombeiros e voluntarios. Tal e como explicou Abel Caballero, haberá 4 ambulancias en Samil, Argazada, o Vao e unha por se fora necesario evacuar por mar que estará ubicada en Marina Davila Sport.

Tamén no mar seguirá de preto o evento o remolcador María Pita e estarán de guardia dous médicos no areal vigués así coma buceadores da armada e dos bombeiros.

Mellor colle o autobús

Entre as medidas de tráfico habilitarase un servizo de lanzadeiras de Vitrasa que facilitarán o aceso dende a Praza de América cada dous minutos. A elo súmanse as liñas que sairán desde distintos puntos da cidade e cunha frecuencia alta coma Ramón Nieto, Travesía de Vigo, Llorones, Urzáiz, Policarpo Sanz ou Praza de España, e que enlazarán con Travesas para dirixirse despóis ata Samil.

Vitrasa porá en servizo un total de 76 autobuses para facilitar a fluidez do tráfico, e para o que o alcalde pediu a máxima colaboración cidadá como é o uso do transporte público. Haberá unha restricción de tráfico absoluta na Avenida de Europa para veículos particulares que terán que acceder polo Valo, Los Molinos ou a Avenida Atlántida. Ao tempo os autobuses discrecionais deixarán aos viaxeiros no restaurante Navia (na avenida de Europa) de xeito que non quedará estacionado nin un solo bus preto da praia.

Distancia de seguridade
Os avións voarán a unha distancia de seguridade mínima de 300 metros en horizontal desde a praia
e se enviará o sinal de voz que narra as acrobacias dos avións na praia ás embarcacións que seguen o Festival desde o ma a través do canal 5 do VHF.

Abel Caballero asegurou que a operatividade normal do aeroporto está garantida e que a partir deste xoves xa haberá algún ensaio que será xeral o día previo a exhibición. Este mesmo día 17 estarán no Porto de Vigo o buque escola Juan Sebastián Elcano, o buque Galicia e a Fragata Méndez Núñez á que o Concello entregará a bandeira de combate o domingo coa presenza dun membro da Familia Real.

También te puede interesar