Galicia

As delegacións da Xunta caen, por fin, na Rede

Lucía Molares Administración electrónicaA delegada da Xunta en Vigo inaugurou hoxe o primeiro Punto de Administración Electrónica que o Goberno galego pon en marcha nunha das súas sedes administrativas co obxectivo de modernizar e mellorar a Administración en materia tecnolóxica.

Achegar os servizos e axilizar os trámites que os cidadáns teñan que realizar ante a Xunta é a finalidade que se persegue con este proxecto, que hoxe comezou a funcionar .Coma subliñou Lucía Molares, o novo punto de e-Administración está a disposición de todos os cidadáns para axilizar e facilitar os trámites en vez de ter que acudir á oficina habitual de rexistro ou a calquera outra dependencia.

Así, se ofrecen máis de 90 servizos interactivos, 125 servizos de Administración electrónica e máis de 300 ligazóns a unidades de información. Os cidadáns terán a posibilidade de realizar trámites en algún dos procedementos xa incorporados á tramitación telemática e tamén facturación electrónica, pagar taxas, formular solicitudes, consultar o estado dos seus expedientes, acceder aos servizos multimedia, subscribirse á canle SMS, acceder á toda a rede de portais da Xunta ou consultar publicacións oficiais ou as webs institucionais de Galicia e España, entre outros servizos. Para levar a cabo a maioría dos procedementos electrónicos, o usuario ou usuaria deberá ter DNI electrónico, certificado dixital ou firma dixital.

Os cidadáns poderán utilizalo no horario de atención ao público:  de luns a venres de 9.00 a 19.00 horas e os sábados dende as 9.00 ata as 14.00 horas, salvo na época de verán (dende hoxe e ata o 21 de setembro), cuxo horario será de 9.00 a 14.00 horas.

También te puede interesar