A CIG-Construción convoca unha folga indefinida nas obras do auditorio-teatro do antigo Cine Fraga de Vigo, propiedade de Caixa Galicia, a partir de mañá. O paro, que podería afectar a uns 80 traballadores e traballadoras, segundo informa a central sindical, ten como obxectivo forzar á empresa Aldasa a cumprir co convenio colectivo.Dende o sindicato nacionalista denuncian que hai empregados que están a cobrar 3 € por hora e que “a empresa chegou a recoñecer que outros están a facer até tres horas extras sen cobralas”.
