_agenda Agenda

¿Seguro que sirve para isto?

Se tes un neno de máis de tres anos, o Marco pode ser un bo sitio para pasar as mañás. O museo continúa cos seus obradoiros de verán, que se celebran de 12 a 14 horas, e que hoxe continúa coa sesión ‘Disfrazando obxectos’, basada na obra de Iván Navarro ‘Homeless Lamp’. A idea: alterar o significado dun obxecto transformando a súa apariencia. Así, o obxecto adquire novas e sorprendentes identidades e perde a súa función orixinal.

Neste obradoiro, con 40 prazas, os máis pequenos customizarán algún obxecto familiar con diferentes materiais para darlle unha nova dimensión.

También te puede interesar