Agenda Cultura

O rock incombustible de Rosendo, en Zamáns

O máis ‘ñu’ estará este fin de semana en Vigo nunha das parroquias máis activas e con inquedanzas culturais da cidade. Rosendo será a cabeza de cartel da décima edición do Karraskal Rock, que se celebrará o sábado no campo de fútbol de San Cosme, en Zamáns, e que incluirá a grupos como Sinkope, Baldosa Amarilla e Zenzar.

O festival naceu grazas ao traballo desinteresado dun grupo de xente da parroquia, que logrou traer nestes anos a grupos tan coñecidos como Los Suaves, Barón Rojo, e agora Rosendo. Unha iniciativa para ofrecer unha posibilidade de dar a coñecer a grupos emerxentes de aquí e despois, pouco a pouco, conseguir a xente de cartel.

A apertura de portas está prevista para as 19:30 horas, no Campo de Fútbol San Cosme, e a organización ten previsto un servizo de autobuses gratuítos dende a Praza de América ás 19:00 horas. O aforo do campo de fútbol é de tres mil persoas e a organización confía en ter máis de 2.000 persoas no recinto.

Rosendo será o encargado de pechar o festival, mentres que o grupo de O Porriño Baldosa Amarilla, que está comezando, será o primeiro en saír ao escenario. A continuación actuará o grupo coruñés Zenza, xa cunha grande experiencia nas súas costas, e posteriormente tocará os extremeños Sinkope.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.