Deportes Destacados

Non só de baloncesto vive o home

Se che gusta o baloncesto, tes que convencer aos teus pais de que este é o mellor campamento do verán. O Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia organiza o sexto Campus de Baloncesto 2010 pensado para rapaces de entre 6 e 17 anos. Durante unha semana, entre o 12 e o 18 de xullo, os participantes recibirán en As Travesas unha completa formación deportiva, pero tamén un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deporte.

De 10 a 20 horas, os rapaces poderán disfrutar de rugbi, natación, batuka, piragüismo, capoeira, fútbol… como actividades alternativas impartidas por entidades e clubs especializados. Todo aproveitando as dúas pistas polideportivas, a pista de frontón, a piscina olímpica e o campo de herba que o complexo deportivo pon a súa disposición.

Para inscribirte, envía por mail ([email protected]) ou fax (986 227 275) a folla de inscrición, o xustificante do ingreso e as fotocopias do dni e da cartilla da seguridade social antes do venres 9 de xullo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.