Comarcas

Catro bibliotecas pechan en verán en Ponteareas por falta de personal

As bibliotecas ou axencias de lectura de Areas, Guillade, Ribedetea e Xinzo pecharán durante os meses de verán por falta de personal, cando en anos anteriores só o facían en agosto polas vacacións do persoal do Concello. Algo que o BNG considera “escandaloso ao ter en proporción aos habitantes e ao seu orzamento a maior plantilla de funcionarios e ser o que máis gasta en persoal”.

Os nacionalistas denuncian ademais que a falta de continuidade destos centros, con peches temporais sen xustificar, leva a almacenar nas bibliotecas as novas publicacións sen codificar, ao recorte de actividades de animación á lectura e a unha molestia para os rapaces que as necesitan en época de exames.

También te puede interesar