Vigo al minuto

Semáforos falantes para facilitarlle a vida aos cegos

InvidenteHoxe entraron en funcionamento en sete rúas da cidade outros tantos semáforos adaptados para persoas invidentes: Gran Vía-Braille, Gran Vía- Venezuela, Gran Vía-Ecuador, Gran Vía-María Berdiales, Porta do Sol, República-Arxentina-Urzaiz e Praza de América-Castrelos. Dispoñen destos aparellos que funcionarán de xeito experimental durante un mes e de ser ben recibidos procederíase a extendelo ao resto de rúas do centro da cidade. Os novos semáforos incorporan unha onda sónica a través da cal unha locución ubica a rúa na que se está. A mensaxe é en galego e castelán e, tanto ao inicio coma o final da mesma, hai un pitido.

O novo sistema, que ten custo cero para as arcas mancipáis, foi desenvolvido polo Concello en colaboración coa ONCE, “é tambén convinte para indixentes“, coma salientou o alcalde, e ten “un efecto orientador para turistas e persoas que descoñezan a cidade. Neste primeiro mes valorarase o recibimento e as posibles aportacións e suxerencias que poidar facer a ONCE.

O responsable desta organización en Vigo, Arturo Parrado, subliñou a importancia do proxecto porque significa mellorar a sonorización e proporcionará máis seguridade aos invidentes á hora de cruzar “sobre todo nas rúas con maior dificultade e perigrosidade”.

También te puede interesar