Vigo al minuto

Semáforos falantes para facilitarlle a vida aos cegos

InvidenteHoxe entraron en funcionamento en sete rúas da cidade outros tantos semáforos adaptados para persoas invidentes: Gran Vía-Braille, Gran Vía- Venezuela, Gran Vía-Ecuador, Gran Vía-María Berdiales, Porta do Sol, República-Arxentina-Urzaiz e Praza de América-Castrelos. Dispoñen destos aparellos que funcionarán de xeito experimental durante un mes e de ser ben recibidos procederíase a extendelo ao resto de rúas do centro da cidade. Os novos semáforos incorporan unha onda sónica a través da cal unha locución ubica a rúa na que se está. A mensaxe é en galego e castelán e, tanto ao inicio coma o final da mesma, hai un pitido.

O novo sistema, que ten custo cero para as arcas mancipáis, foi desenvolvido polo Concello en colaboración coa ONCE, «é tambén convinte para indixentes«, coma salientou o alcalde, e ten «un efecto orientador para turistas e persoas que descoñezan a cidade«. Neste primeiro mes valorarase o recibimento e as posibles aportacións e suxerencias que poidar facer a ONCE.

O responsable desta organización en Vigo, Arturo Parrado, subliñou a importancia do proxecto porque significa mellorar a sonorización e proporcionará máis seguridade aos invidentes á hora de cruzar «sobre todo nas rúas con maior dificultade e perigrosidade».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.