Vigo al día

O Plan E, segunda parte, creará 2.300 empregos en Vigo

Obras Humanización Vigo/Tresyuno ComunicaciónEso asegurou hoxe o alcalde quen adiantou que a segunda parte do Plan Zapatero destina a Vigo 32, 5 millóns de euros. Abel Caballero sinalou que a creación de emprego ten que ser diferenciadora desta obra pública que se está a acometer na cidade e salientou que esixirá ás empresas concesionarias da mesma o cumprimento “exacto” das cláusulas dos pliegos de contratación, en especial a todo o que fai referencia ao emprego.

A tal efecto, o goberno local, que hoxe aprobou o acordo con UGT, CCOO e CIG polo que cada unión comarcal recibirá un importe de 30.000 € para vixiar as condiciones laborais dos traballadores, o cumprimento dos horarios e a prevención de riscos, atenderá as alertas transmitidas polos sindicatos de casos de incumprimento dos que foron advertidas varias das concesionarias para que reparen os mesmos, aviso que se mantén para as empresas que concurran a esta convocatoria .

También te puede interesar