Cultura Destacados

Mobilizacións polos problemas económicos en A Nosa Terra

Os empregados do xornal A Nosa Terra, con sede en Vigo, teñen varias nóminas pendentes de cobro, así que a CIG non descarta iniciar nos vindeiros meses un calendario de mobilizacións que incluirían paros dunha hora ás portas das instalacións da empresa na viguesa rúa do Príncipe.

A confederación sindical lembra que a dirección da empresa comprometerase hai meses ante o delegado sindical tanto liquidar os atrasos pendentes como a presentar un plan de viabilidade para a compañía. Nembargantes, ningunha das dúas promesas se cumpríu.

También te puede interesar