Comarcas Galicia

Despido improcedente e fin da folga nas obras de ampliación do concello de Nigrán

A empresa cumprirá todos os aspectos relativos ao convenio colectivo en cuestións salariais e horarias e recoñecerá como improcedente o despido dun traballador que reclamou os seus dereitos, pagándolle indemnización, horas extras e atrasos. Por este motivo, os traballadores que levan a cabo as obras de ampliación do Concello de Nigrán desconvocaron o paro indefinido iniciado o pasado 21 de xuño.

O traballador fora despedido ao presentar unha instancia na que solicitaba cumprir a xornada laboral marcada por convenio e a empresa negábase a readmitilo ou a pagarlle a indemnización e o soldo de maio. Nas obras traballan as empresas Exconsa e CRC, aínda que a maior parte dos empregados son subcontratados a través de Davalpo, que ten 11 dos 14 empregados.

También te puede interesar