Vigo al minuto

A nova presidenta da FAVEC quere ver a todo o mundo

María Pérez Federación Veciñal Vigo/Tresyuno ComunicaciónA directiva da Federación de Asociacións Veciñais (FAVEC) ven de solicitar entrevistas con todos os responsables públicos a fin de a fin de empezar o “re-establecemento das relacións do movimiento veciñal vigués con todas as institucións e organismos da cidade”.

Segundo indica nunha nota de prensa a Comisión Permanente da Federación, remitíronse cartas ao subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, tenente de alcalde, alcalde, presidente da Deputación e voceiro municipal do Partido Popular, Chema Figueroa.

Na asamblea na que resultou elxida, a nova presidenta, María Pérez, adiantou que unha das súas primeiras xestións sería retomar as relacións coas administracións, empezando co Concello. Ademáis comprometeuse a visitar, unha por unha, todas as asociacións integradas na Federación.

También te puede interesar