_agenda Agenda

Vigo transforma a Porta do Sol

Os Vasos Comunicantes do festival Vigo Transforma chegan ás rúas da cidade esta noite da man de Igmig. De 21 a 22 horas o matrimonio artístico entre Ig e Mig asomará pola Porta do Sol, baixo o Sireno, cun espectáculo que non deixará indiferente a ninguén.

Nacidos nun tempo e espacio indeterminados entre 1900 e pico e o dous mil e algo, entre Souto Justo e Arcade, a violencia dos primeiros ensaios nunha sombría bodega abandoada rachou nunha gratitude cara ao mundo, polo que decidiron agasallar con sonidos as obras das rúas e os almacéns de tubos. Aniquilaron os instrumentos convencionais e hoxe en día sobreviven como prolongación de aparatos con sensores e micrófonos para poder gritarlle máis alto ao mundo.

También te puede interesar