_agenda Comarcas

Landriña pásase á escultura

As esculturas que hai no Pazo de Castrelos deixarán de ser un misterio para os 15 nenos e os acompañantes que participen hoxe no obradoiro ‘Landriña descobre a escultura’ a partir das 11:30 horas no Museo da Cidade. Unha actividade de balde dunha hora de duración para nenos de entre 4 e 12 anos, que nesta ocasión tamén poderán facer nas salas unhas divertidas esculturas de papel.

Máis actividades

Ata o mes de setembro o Museo da Cidade conta cun novo horario para o programa de dinamización para grupos, familias e público en xeral. Así, a visita xeral ao pazo, baixo o nome “O pazo, historia e curiosidades”, desenvolverase os domingos ás 12:30 horas sen necesidade de facer inscrición previa. Esta actividade trata de presentar de xeito ameno a historia do pazo Quiñones de León. No percorrido, os participantes descubrirán algunhas curiosidades do pazo e das coleccións e como complemento subirán ás torres dende as que se pode gozar dunha privilexiada visión dos xardíns acompañada dunha breve explicación.

Para participar nas visitas guiadas para grupos e asociacións ao pazo de Castrelos é preciso realizar a reserva previa reserva, ao igual que ás visitas guiadas á sala de arqueoloxía e obradoiro de arqueoloxía.

También te puede interesar