_agenda Agenda

Para ser solidario, vaite de concerto

A organización Solidariedade Galega co Pobo Saharaui volve a facer un acto para recadar diñeiro por unha boa causa. Esta noite (23 horas) celebrarase un concerto benéfico pro-Sáhara na sala A Regueifa de Ponteareas. Será a cargo dos artistas galegos Uxía Senlle e Sergio Tannus.

Se queres velos as entradas custarán 7 euros de compra adiantada e 10 en taquilla. Pasa un bo rato sendo solidario.

También te puede interesar