_agenda Agenda

Espectáculos e festa tradicional no fin de curso do Fiadeiro

Un curso da para moito. E así o demostrarán os alumnos da escola da A.C.F. O Fiadeiro, que a partir das 19 horas e durante 180 minutos darán crédito de todo o aprendido na asociación veciñal Santa Mariña de Cabral. Guitarra, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión para facer as delicias do público.

E tras as actuacións, a festa. A partir das 22 horas haberá serán con música e baile tradicional durante toda a noite con agrupacións musicais da comarca invitadas, además das que se sumarán de xeito espontáneo, como rexe a tradición. A entrada será gratuita e servirase un pincho para todos os que se acheguen á festa.

También te puede interesar