_agenda Agenda

Da sorrisa á dor con Disque Danza

Tres mulleres coas súas soidades particulares, e así a todo recoñeciblemente comúns a calquera, comparten co auditorio o seu xeito de estar, de sufrir, de anhelar, ás veces facendo uso da palabra, outras amosando as emocións a partires do movemento. Palabra e movemento danzan as historias personais. Será grazas a Disque Danza, que chegará con ‘Días masticados, noites frías: nen contigo nen sen ti’ ao Centro Cívico de Teis esta tarde (19:30 horas).

A representación, dentro do programa Vigo a escena, é unha visión deses espazos íntimos a partires dos que se suscitan reflexións sobre o xeito de formular o mundo das relacións. Pasamos do sorriso á emoción máis dolorosa, artellando unha viaxe interior, sen veos nin escusas.

También te puede interesar