_agenda Agenda

O foco dos fotógrafos apunta a Tui

A folga do metal, foto do ano 2009, de Miguel Riopa.
A folga do metal, foto do ano 2009, de Miguel Riopa.

Ata 44 fotógrafos que desenvolven o seu traballo na prensa galega levan as súas imaxes a Tui. A Sala Municipal de Exposicións acolle a mostra ‘Galicia en foco: o fotoxornalismo galego’, un concurso de fotografía organizado polo Club de Prensa de Ferrol e que leva adherido unha exposición itinerante por toda Galicia, Porto, Santander e Madrid. Con esta iniciativa trátase de encher un baleiro nos eidos da promoción, divulgación e mostra da fotografía de prensa.

Na súa vixésima edición foi elexida unha imaxe da folga do metal en Vigo publicada en Agence France Press e feita por Miguel Riopa como foto do ano 2009. Riopa gañou en 2004 o premio de fotografía Luis Ksado cunha reportaxe sobre os incendios forestais. Xa no 2008 foi galardonado co segundo premio da categoría ‘Sport Features’ no World Press Photo.

Nesta ocasión os únicos vigueses son Sonia Daponte Buján, fotoxornalista do Xornal de Galicia e que ten publicado en Atlántico Diario, El Mundo, Rock DeLuxe, Faro de Vigo ou AGN; e Carlos Puga, que traballa dende 1990 como fotógrafo para prensa diaria, editoriais, moda e publicidade e que en 2001 recibiu o premio José Aurelio Carracedo de periodismo de Galicia concedido pola Deputación de Ourense.

Xunto a eles: José Luiz Oubiña, Álvaro Ballesteros, Amador Lorenzo Blach, Andrés Fraga Pérez, Ángel Manso Fernández, Antonio Hernández Ríos, Francisco Puñal Suárez, Jorge Meis, Kiko Delgado, Luis Polo, Moncho Fuentes García, Olalla Lojo Ríos, Óscar Corral, Susy Suárez, Xabier Quintana, Xoan A. Soler, Guilermo Sotelo, Jesús Rodríguez Montero, Nacho Gómez, Pedro Agrelo, Carlos García Hervella, Santiago Míguez Amil, Xesús Fariñas, Juan Marcos Míguez, Martina Oubiña, Riobó Prada, Antón García Freire, Diego Villar, José Pardo, Miguel Gómez Muñiz, Jesús Rey Roca “Otto”, Santy López, Vanessa Casteleiro, Xosé Marra, Carlos Folgoso, Jesús Regal, Gonzalo Salgado, Jessica Barcala, Mónica Ferreirós e Xan Xiadas.

También te puede interesar