Galicia Vigo al minuto

Galicia Bilingüe e Galiza Nova vense as caras nos xulgados de Vigo

Ou esa era a intención, xa que a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, non se presentou ao acto de conciliación que tiña que celebrarse nos xulgados vigueses. No seu lugar enviou a un procurador e a un avogado como representantes. O motivo: a demanda interposta por Lago contra Galiza Nova por un presunto delito contra a súa honra, polo que pide unha indemnización de 30.000 euros.

Mentres se celebraba a conciliación, ás portas dos xulgados vigueses preto de medio centenar de persoas se concentraban para apoiar á entidade nacionalista con pancartas nas que se podía ler o lema ‘Pola liberdade de expresión. Polo dereito a falarmos en galego’.

Os feitos remóntanse ao comezo deste curso escolar, cando Galiza Bilingüe repartiu un voceiro criticando a actitude hostil de Gloria Lago cara a lingua galega ás portas do IES Santo Tomé de Vigo, onde a presidenta de Galicia Bilingüe é profesora. Os nacionalistas aseguran que esta demanda confunde “o dereito á liberdade de expresión cun suposto delito contra a súa persoa” e que “criminaliza a defensa da lingua galega”.

También te puede interesar