RGPD - Cookies
Comarcas

Alberto Costa traese 10 medallas do Europolyb de Valencia

Alberto Costa coas 10 medallas na recepción no concello de Mos.
Alberto Costa coas 10 medallas na recepción no concello de Mos.

Viaxou a Valencia para disputar o Campeonato Europeo de Policías e Bombeiros que este ano se celebrou en Valencia e viu coa mochila cargada de medallas: 8 de ouro, unha de prata e outra de bronce. O atleta mosense Alberto Costa, que exerce no Corpo de Bombeiros de Vigo foi recibido no concello da súa cidade natal e agasallado pola alcaldesa, Nidia Arévalo, para festexar estos logros deportivos.

Co dobre de horas de adestramento para preparar as probas físicas, dedicando case todo o día a iso, agora Alberto Costas ten a vista posta no Mundial de Bombeiros que terá lugar en Corea e o ano que ven competirá en Nova Iorque.

También te puede interesar