_agenda Destacados

Máis vale aprender por se a túa equipaxe vai de vacacións a outro destino

¿Canso de ter que esperar a otro voo porque hai overbooking no que reservaches? ¿Ti estás en Boston e a túa equipaxe en California? Para saber afrontar situacións coma esta agora que chegan as vacacións estivais, a Asociación de Usuarios de Cajas, Bancos y Seguros (Adicae Galicia) organizará un obradoiro informativo sobre os dereitos dos consumidores nas vacacións.

Baixo o título ‘En vacacións, viaxa tamén cos teus dereitos’, o curso impartirase de balde no Centro Cívico do Casco Vello esta tarde (de 19:30 a 21:30 horas), con hora e media para a exposición do tema e media hora para a resolución de dúbidas.

Toda a información sobre os teus dereitos e obrigas á hora de emprender unha viaxe, contratar un hotel ou un paquete turístico e sobre as vías de reclamación en caso de conflito, xa que estar ben informado supón un aforro de ata un 50 por cento.Cambio de clase a unha categoría inferior, retrasos, cancelacións, deterioro da equipaxe facturada, hoteles en mal estado… o mellor é estar prevenido.

Agora falta saber o que facer para evitar sustos ao voltar a casa.

También te puede interesar