Comarcas

Se tes un cabalo, Mos estará esperándote

O Club Hípico Toxo e Auga Fría organizará entre o 21 e o 22 de agosto a III Xuntanza Cabalar que se celebrará en Trabazos-Mos, que comezará cunha gran marcha a cabalo matinal para seguir cunha comida campestre o sábado 21. Ás 20:15 horas actuará o grupo folclórico Nosa Terra de Pereiras e a partir das 22:15 horas haberá unha ‘Gran Chourizada’ totalmente gratuita.

O día das exhibicións será o domingo, con unha mostra canina a cargo dos mosenses ‘Guardianes de élite’ e dúas cabalares con Ricardo M.G. e Alejandro Nantes dende as 12 ás 14 horas. Xa pola tarde, a partir das 16:30 horas, celebrarase unha gran gymkhana cunha ampla variedade de premios. Durante todo o día permanecerá instalado un hinchable que fará as delicias dos máis pequenos.

Tódalas persoas que desexen acampar no lugar da Xuntanza, tanto o sábado coma o domingo, terán unha zona habilitada para tal fin.

También te puede interesar