Deportes Vigo al minuto

Ouro para unha padexeira galega na IV Competición de Kayak de Mar de Denia

Alacante estivo tomada esta fin de semana por galegos. Os padexeiros da Federación Galega participaron na cuarta Competición de España de Kayak de Mar de Denia, na que participaron case unha decena de deportistas do clube Piragüismo Cambados e Jennifer Díaz por parte do Kayak Vigo. E non o fixeron mal de todo.

Mentres a viguesa conseguía facerse co ouro na súa categoría, Sprinter K-1 Muller Sub-23, os cambadeses acadaron o sexto posto na clasificación por clubes de entre os 26 que participaban. Entre eles destacou a segunda posición de Paula Pérez na categoría Sprinter K-1 Sénior Muller Sub-23.

También te puede interesar