Comarcas

Ademais de campamento, diploma

Pasaron sete días de campamento e, agora que se acaba, levan como recordo un diploma. Esta tarde entregáronse no pavillón Óscar Pereiro de Mos os cartaces aos rapaces de entre 6 e 14 anos que participaron no campus de verán que organizou o concello durante todo o día.

Nestes campamentos, os pequenos practicaron fútbol sala, natación, balonmán, patinaxe, ciclismo e atletismo. Ademais contaron con actividades recreativas e culturais tales coma charlas e coloquios con deportistas profesionais, reproduccións audiovisuais, obradoiros formativos, a Festa da Bicicleta, unha excursión, unha ruta de sendeirismo…

También te puede interesar