RGPD - Cookies
Deportes Destacados

600 deportistas vestirán o ‘dobok’ no Mundial Universitario de Taekwondo

Vigo acolle desde mañá mesmo o Mundial Universitario de Taekwondo máis numeroso da súa historia con 600 deportistas de todo o mundo e no que participará o equipo da Universidade de Vigo para intentar acadar uns resultados que lle permitan seguir cunha traxectoria impecable. Un evento cun importante retorno económico que supón para a cidade cunha máxima ocupación hoteleira e cinco establecemento cheos.

Entre os 600 participantes de arredor de 45 países haberá 26 universidades españolas, entre elas a de Vigo que concorre a esta competición con dous taekwondistas, Rebeca Mariño e Fernando Rascado, aínda que haberá outros dous galegos que representarán á UNED, Juan Fernández e Estefanía Hernández.

Será a primeira vez que nun mundial poidan competir os deportistas tanto en técnica como en combate, o que suporá acoller dous campionatos nun.

También te puede interesar