Destacados Vigo al minuto

Urbanismo trae de cabeza ao Valedor do Cidadán de Vigo

O Valedor do Cidadán, Luis Espada.
O Valedor do Cidadán, Luis Espada.

Se tes problemas co Urbanismo, en Vigo non acadarás resposta nin acudindo ao Valedor do Cidadán. Iso é a lo menos a sensación que lle queda ao rexente desta institución, Luis Espada, que desvelou que dende 2002 a 2009 hai case un 13 por cento de expedientes sen resolver, a maioría desta concellería.

A pesares de presentar ao mes tan só 1,5 expedientes por queixas dos cidadáns, quedan sen contestar as reclamacións relacionadas coas obras sen licenza, obras que obstaculizan a calzada, sentencias de demolición por obras se permisos, incumprimento da normativa en alturas, solicitudes de inspeccións técnicas e anexións de terreos en zonas protexidas.

O Valedor do Cidadán aproveitou a súa presencia no pleno para facer unha valoración anual da institución para denunciar a actitude “hostil e entorpecedora” da concellería de Urbanismo, a súa colaboración deficiente e a violación dos dereitos dos cidadáns ante as reclamacións.

Dos 86 expedientes que se rexistraron o ano pasado, 12 estaban relacionados con este departamento, aínda que o primeiro posto era para a área de Movilidade e Seguridade (26). Os temas das reclamacións: contaminación acústica, sancións de tráfico, alegacións ao Plan Xeral ou impostos, entre outros.

También te puede interesar