Vigo al minuto

A delegada da Xunta asegura que Vigo recibirá máis de 9 millóns para a creación de emprego

Lucía Molares/Tresyuno ComunicaciónA Consellería de Traballo destinará 16 millóns de euros a programas de formación, plans de cooperación local e programas mixtos no Área Metropolitana de Vigo. Da devandita cantidade, segundo asegurou hoxe a delegada da Xunta, 12.400.000 € adicaranse a formación especialmente nos eidos da tecnoloxía, servicios sociais, dependencias e automoción. Vigo, “en consideración á súa población e ao número de desempegados”, recibirá da mesma un total de 8, 2 millóns”, adiantou Lucía Molares, dos cales beneficiaranse 2.655 personas.

Adicionalmente investiranse 355.000 € na organización de 63 cursos para 1.000 personas que están anotadas no Servicio Público de Emprego de Galicia coma demandantes dun posto de traballo no sector da Automoción. Todos as accións de formación levaran aparellada a sinatura dun contrato laboral “para o 60% dos participantes, por un período de 6 meses”.

Se se confirma o adiantazo pola delegada da Xunta, Vigo recibirá 700.000 € máis do Programa de Cooperación e Programas mixtos aos que habría que sumar a parte correspondente dos 800.000 € que se achegan a toda a provincia para a facilitar a contratación de mulleres víctimas de violencia machista.

Sumando todas as partidas, a cantidade total que o goberno galego investirá en políticas de emprego na cidade será de algo máis de 9.225.000 €, casi o triple do que reclamaba o pasado día 17 o concelleiro de Emprego Santos Héctor, quen esixiu á Xunta o investimento de 3.375.000 € para a realización de diferentes programas que “facilitarían a contratación de traballadores por período dun ano”.

Lucía Molares rexeitou as afirmacións de Héctor de que o goberno autónomo destinase a Vigo só 44,9 € por desempegado fronte aos 1.628 que recibiría Tui ou os 536 de O Rosalxa que as asignacións fanse acordó coa población e o número de personas inscritas nas oficinas de emprego”. Asegurou que é necesaria unha acción conxunta das dúas administracións “especialmente nestes momentos de crise”, indicou que sen a inversión da Xunta o número de vigueses sen traballo nosn se incrementaría nos 2.860 entre maio de 2009 e maio de 2010 “se non no dobre”. Por último, Molares asegurou que o concelleiro de Emprego de Vigo “non é a persona máis axeitada para dar consellos, xa que ás políticas que emprende non dan resultado e hai dosus anos tivo que pechar a concellería por falla de personal”.

También te puede interesar