Agenda Destacados

Este verán, vaite tranquilo de vacacións

¿Canso de ter que esperar a otro voo porque hai overbooking no que reservaches? ¿Ti estás en Boston e a túa equipaxe en California? Para saber afrontar situacións coma esta agora que chegan as vacacións estivais, a Asociación de Usuarios de Cajas, Bancos y Seguros (Adicae Galicia) organizará un obradoiro informativo sobre os dereitos dos consumidores nas vacacións.

Baixo o título ‘En vacacións, viaxa tamén cos teus dereitos’, o curso impartirase de balde no Centro Cívico do Casco Vello o vindeiro mércores 30 de xuño entre 19:30 e 21:30 horas, con hora e media para a exposición do tema e media hora para a resolución de dúbidas. As prazas son limitadas, polo que hai que facer unha inscripción previa chamando ao 986 22 66 42.

Toda a información sobre os teus dereitos e obrigas á hora de emprender unha viaxe, contratar un hotel ou un paquete turístico e sobre as vías de reclamación en caso de conflito, xa que estar ben informado supón un aforro de ata un 50 por cento. Cambio de clase a unha categoría inferior, retrasos, cancelacións, deterioro da equipaxe facturada, hoteles en mal estado… o mellor é estar prevenido.

También te puede interesar