_agenda Agenda

Déixate levar polo son dos axóuxeres

Un percorrido polos diferentes sentimentos que poden experimentarse cando as palabras quedan nun segundo plano e cando a cor, o son, o movemento e a imaxe son os que fan que os sentimentos estean presentes na escena. Isto é o que provocará ‘Axóuxeres de cores’, unha obra para público familiar que a Fundación Igualarte levará esta tarde (18 horas) ao Centro Cívico de Teis dentro do programa ‘Vigo a escena’.

Durante 50 minutos, a expresión corporal e a música en directo tratarán de dar diferentes matices ao corpo e ás melodías. A temática do espectáculo son os sentimentos como a ira, ledicia, amor, paixón… entendéndoos coma diferentes cores e tentando que o espectador saque as súas propias conclusións,

También te puede interesar