Agenda Cultura

Camiña cos montes de Cabral e Candéan na mochila

Se che apetece pasar unha mañá de domingo paseando, nada mellor se de paso coñeces os montes da nosa cidade. Mañá celebrarase a VI Marcha Popular polos montes veciñais en man común de Cabral e Candeán.

A camiñata saldrá  ás 11 horas do Parque Forestal do Vixiador, en Candeán, aínda que a concentración será ás 10:30 horas para o reparto de auga, froita, refrescos, ver o número de participantes e levar na mochila algún que outro agasallo.

Un fermoso percorrido de 7 quilómetros doado e para toda a familia polos montes veciñais que transcorre polo Sendeiro Panorámico de Vigo. A ruta terminará no Parque Forestal de Cotogrante (Becerreira-Cabral) e haberá autobuses gratuitos para regresar ao punto de partida a recoller os coches.

Se estás interesado pero tes algúnha dúbida podes pedir máis información chamando aos teléfonos 986 487 957 ou 676 524 529 ou entrando na páxina web da Asociación Cultural O Coto.

También te puede interesar