RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela vive o mundial… de fútbol sala

O Club Arealonga F.S. Chapela será o encargado de organizar o VII Torneo de Fútbol Sala Chapela 2010 que se celebrará en Redondela desde hoxe ata o vindeiro 4 de xullo. No torneo, no que xa están inscritos 80 equipos, participarán uns 900 xogadores de categorías base e aproximadamente 450 de categorías sénior que disputarán  uns 250 partidos.

A gran novidade deste ano, que se organizan de xeito simultáneo un torneo de ‘Pro-evolution’ que dará comezo o día 28 para todos os amantes dos videoxogos. Os interesados poden inscribirse na cantina do pavillón ata o día 26 deste mes. A organización establece premios para o campión, subcampión, 3º e 4º posto, equipo máximo goleador, menos goleado e trofeo a deportividade.

También te puede interesar