RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Pais e nais do Colexio Altamar esixen ao alcalde terrenos para o novo centro

ListeA comisión de pais e nais do colexio Altamar seguen a reclamar con firmeza que o alcalde cumpra dunha vez a súa promesa de facer o novo colexio. Nunha nota remitida hoxe aos medios de comunicación, esixen ao Concello e ao alcalde, que ceda os terreos municipais necesarios para a construción dun novo colexio. En febreiro o alcalde dixera que o terreo ao carón do Museo Liste sería unha boa opción, que tomaría unha “decisión inmediata” e que era “urbanísticamente posible”. Esta ideaxurdiu da Alcaldía, e foi a propia Alcaldía a que deu marcha atrás. Salientan que, aínda que haxa quen di o contrario, non están “encaprichados” co terreo anexo ao Museo Liste, senon que entenden que esa era a opción máis viable nestes momentos por ser un terreo cualificado como dotacional no Plan Xeral.Hai unhas semanas, o Concello propuxo facer o novo colexio no solar que ocupa o colexio actual, unaha proposta á que non se pechan os pais e nais do Altamar aínda que rexeitamos o traslado dos rapaces para facer a obra. Sen embargo a proposta que presentou o Concello non contempla a cesión dos terreos suficientes e necesariospara toda a infraestrutura, xa que carece dos patios. A solución que aporta o Concello é a utilización dos frontóns do IMD como ata o de agora: e dicir os nenos non terían patio propio do colexio senón que seguiriamos de prestado, con todo o que eso conleva: non se poderían pintar no chan xogos para os rapaces, non se podería dispor libremente dese espazo para facer unha pista de baloncesto ou futbito, etc“.

Os pais e nais reclaman ao alcalde que, se realmente quere que se constrúa un novo colexio Altamar, se deixe de parches e ceda o terreo necesario para que os rapaces dispoñan dun colexio digno”.O goberno local insiste en que agora é a Xunta a que se ten que posicionar, pero a Xunta non aceptaría a construcción dun novo centro se este carece de patios propios, extremo este que os pais e nais do colexio Altamar comparten.

Por todo isto, e dado que xa rematou o curso, non nos queda máis opción que iniciar unha serie de movilizacións para que o Concello deixe de prometer e ceda realmente os terreos para o novo colexio, nun lugar ou noutro, pero nos arredores do emprazamento actual.

Os afectados lembran que teñen a conformidade da Xunta para unha reunión inmediata, en menos dunha semana, seguen á espera de que o Concello fixe unha data para que esta se celebre, e acusan ao alcalde de non dar a cara e non recibilos e de non ceder os terreos necesarios para o novo colexio tal e como prometeu hai xa máis de dous anos.

También te puede interesar