RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

O goberno local reitera que non ten nada que ver co problema de falla de luz de Barreiro

Presidente Vecinos Barreiro/Tresyuno ComunicaciónO concelleiro de Urbanismo ratificou hoxe que o Concello non ten responsabilidades no problema da suministro eléctrico da vivendas de protección do ámbito de Barreiro.

José Mariño realizou estas declaracións tras as afirmacións realizadas onte polo concelleiro do PP, Chema Figueroa, nas que afirmou que si se lles deu a licencia de primeira ocupación “é porque estaba todo correcto”.

 A normativa é clara ao respecto e, de feito, a Lei de Vivenda recolle que a licencia de primeira ocupación “é o único documento que permite a conexión do abastecemento de auga, electricidade, telecomunicacións ou outros servizos comunitarios”. “É lamentable que alguén que ostentou a concellería de Urbanismo durante tres anos sexa capaz de dicir unha barbaridade de tal calado”, afirmou Mariño. É máis, o socialista invitouno a dicir qué expedientes tramitou él que tivesen dada a luz de alta sen licencia de ocupación. Dase a casualidade de que a argumentación esgrimida polo voceiro do PP coincide coa da presidenta en funcións da Federación Veciñal, quen a xuizo de Mariño o que intenta é “escurrir o bulto”.

Precisamente, engadiu o responsable de Urbanismo, desde esta entidade, desde a Federación Veciñal e promotora da obra de Barreiro, se fixo chegar onte documentación na que se excluiu unha segunda páxina na que queda claro que faltan por abonar os importes da FAVEC.Ademáis o promotor das vivendas debería abonar os costes do expediente por un importe de 200.741, 74 euros descontando a parte da obra realizada polo mismo. “O que falta é o cableado”, explicuou o responsable de Urbanismo.

DocumentoNa parte do documento enviado onte recoñécese que “se pode plantexar dar servizo as vivendas con potencia de 842 kw desde a rede actual co compromiso de finalización das obras do condicionado exterior antes de que se poña en servizo a piscina…” José Mariño insistiu en que o documento recolle que desde a rede actual darase servizo ao edificio de vivendas en construcción o promovido pola Federación Veciñal.Para garantir a potencia a suministrar ao resto de dotacións e edificacións próximas a construirse, piscina e parcelas vacantes, o Concello debe facerse cargo das obras”, recalcando o indicado no documento “para as vindeiras dotacións e vindeiras edificacións”.

Tamén amosou o concelleiro de Urbanismo un documento de Fenosa con data 23 de abril no que se desglosan os gastos que quedan por acometer, dado que as canalizacións están xa realizadas. “Fenosa lles reclama a alta da luz e llo ten que demandar aos propietarios, actuais titulares dos inmobles”, asegurou Mariño. Neste escrito Unión Fenosa comprométese a dar facilidades de pago á comunidade de propietarios.

 En todo caso o concelleiro matizou que a Federación Veciñal escriturou os pisos sen facer ese pago polo que, segundo explicou, son os “perxudicados os que terán que reclamárllo á promotora. “Aí van ter todo o noso apoio, estaremos ao lado dos cidadáns”, pero matizou que non son o resto de veciños “os que teñen que pagar un cargo da promotora”.

También te puede interesar