_agenda Agenda

Aquí, en lúa chea, os que saen son os das peque-rutas

Non só en San Xoán sáese a pasear. Este venres, como despedida da tempada, o grupo de senderismo da asociación O Coto proponche unha peque-ruta un tanto atípica: unha longa camiñata baixo a lúa chea nunha ruta nocturna polos montes de San Miguel de Oia. A cita será ás 22 horas no Colexio Público Carballal.

Xa máis á noitiña, o percorrido deixará unhas fermosas vistas da ría de Vigo e das Illas Cíes, co atractivo engadido de camiñar cando ninguén o fai, sen a calor abafante destes días. Eso sí, non esquenzas traer unha linterna.

Se queres máis información, chama aos teléfonos 986 487 957 ou 676 524 529. Disfruta da noite!

También te puede interesar