Comarcas Galicia

Os rexionalistas volven darse un banquete en Tui

Foi o primeiro acto público da historia de Galicia desenvolvido integramente en lingua galega. Agora, Tui recupera este ano a celebración do ‘banquete rexionalista’, organizado ao abeiro do CXIX aniversario dos Xogos Florais, unha conmemoración do acontecemento cultural que tivo lugar na cidade tudense o 26 de xuño de 1891.

Naquel banquete participaron 60 persoas, entre elas Enrique Lens, Salvador Cabeza de León, Manuel Fernández Herba, Alfredo Brañas ou Manuel Murguía. Máis dun século despois, o banquete terá lugar esta noite ás 22 horas no Parador de Turismo ‘San Telmo’. E recuperarase o menú daquela: sopa fina, raxo con cogordos, salmón á alacantina, polos salteados, langosta á rusa, pastel de pichós, filetes á xardineira, xelados, pavo con cogordos, budin con ron e pastelón á inglesa. Todo acompañado de viño vello da terriña e puros da Habana.

Os interesados en participar no banquete, que se servirá como buffet libre, poden coller a invitación no propio parados por 39 euros ou reservar chamando ao 986 600 300 ou enviando un correo a [email protected].

También te puede interesar