RGPD - Cookies
_agenda Agenda

O Coro do Conservatorio entona esta noite

Un concerto cun programa de luxo e cunhas gorxas únicas. O Coro de pais, profesores e alumnos do Conservatorio de Música Profesional de Vigo dará esta noite (21 horas) un concerto no salón principal do Real Club Náutico vigués.

A entrada será de balde e, entre o que se poderá escoitar, o ‘Laudate nomen domini’ de Christopher Tye; o Albendruhe de Mozart; ou a ‘Cantiga de Falván’ de Ángel A. Montes.

También te puede interesar