RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Esta noite agárrate á barra…do Vitrasa

vitrasa-2/Tresyuno ComunicaciónCon motivo da celebración da Noite de San Xoán, Vitrasa reforza o servizo entre Samil e o centro de Vigo, para facilitar o desprazamento de tódolos cidadáns. O servizo especial posto en marcha poal concesionaria iniciarase esta noite a partir das 23:00 horas e comunicará, cunha frecuencia de 15 minutos, o tramo comprendido entre Samil, Avenida de Castelao, Camelias, Paseo de Alfonso e Policarpo Sanz.

Ademais desta liña de reforzo, ficarán activas as liñas nocturnas habituais N1 e N2 que farán o seu percorrido habitual ampliando a frecuencia de paso en 15 minutos. O servizo manterá esta frecuencia durante toda a noite ata a derradeira saída de Samil ás 06:45 horas de mañán. Trátase dunha iniciativa que Vitrasa ven desenvolvendo durante os últimos cinco anos para que os vigueses poidan disfrutar desta noite. Durante o ano pasado, máis de 3.520 vigueses empregaron o autobús durante a Noite de San Xoán.

También te puede interesar