Vigo al minuto

O recorte das nóminas dos funcionarios municipais, efectiva dende hoxe

Rauel Díaz/Tresyuno ComunicaciónO Pleno da Corporación , reunido hoxe en sesión extraordinaria, aprobou modificar o Plan Económico Financeiro municipal para adaptalo ás medidas contra o déficit público decretadas polo Goberno.  Co respaldo do PSdeG e do BNG e a oposición do PP, o Pleno adoptou a decisión de incluir no documento a normativa legal do Real Decreto, modificación reclamada desde a Xunta a todas as entidades locais con Plans en marcha e, no caso vigués, cara á súa aprobación definitiva.A concelleira de Economía e Facenda, explicou que, tras o acordado hoxe, o Plan Económico Financeiro xa contempla a reducción das retribucións dos empregados públicos nun 5%, a rebaixa dos soldos dos cargos públicos un 15%, por acordo dos tres grupos políticos, e a imposibilidade de recurrir á debeda no ano 2011.

Raquel Díaz cifrou en 1,8 millóns de euros o aforro para o Concello en 2010, derivado da aplicación do Real Decreto na administración local. A propia normativa estatal estipula que os cartos aforrados irán destinados á reducción da débeda municipal, que é dun 18,5%,  “a menor do Estado”, segundo subliñou o alcalde nunga comparecencia posterior diante da prensa.

O Partido Popular criticou a “irresponsabilidade” do goberno local por solicitar creto este ano por valor de 27 millóns de euros, ao consideralo incoherente co aforro derivado da aplicación do Real Decreto, e o seu voceiro asegurou que o Plan está “plagado de erros” e denunciou o “despilfarro” do goberno.

Díazr replicou á oposición sinalando a “incoherencia” dos responsables do PP na Deputación de Pontevedra e na Xunta con “cero euros” de investimentos en Vigo e a “discriminación” que, ao seu entender, están a cometer as dúas administracións coa primera cidade de Galicia.

Pola súa banda, o alcalde estimou que en “unha ou dúas semanas” o Plan Económico Financeiro estará aprobado pola Xunta asegurou que o de Vigo é o Concello con menor endebedamento de España, únicamente por debaixo de Bilbao, que ten réxime foral, e anfatizou que as súas retribucións e as dos concelleiros cumpren “de maneira estricta” a  legalidade. Neste sento lembrou que a nómina do alcalde de Vigo “é moito menor que a doutros alcaldes de ciudades menores e sensiblemente inferior á da presidenta do Porto ou o da delegada de Zona Franca”.

 

También te puede interesar